ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Margaride énchese de castrexos e romanos

Esta localidade quiroguesa vén de celebrar a súa quinta edición da súa Festa do Ouro

Ao longo da xornada do 13 de agosto Margaride (Quiroga) retrocedía máis de 2.000 anos. Os seus veciños convertíanse en castrexos e romanos e convivían en Margaridex. Deset xeito celebraba esta localidade, situada nunha antiga explotación aurífera romana, a quinta edición da súa Festa do Ouro.

O programa comezaba pola mañá cunha celebración relixiosa, seguida dun percorrido polas adegas no que desfrutaban de viños e pinchos a parte de bailar ao ritmo da música dun grupo de música tradicional. O percorrido remataba cun xantar popular, no que ademais podía degustarse cervexa artesá elaborada para a ocasión (rubia e tostada), ademais dun licor propio da celebración.

Xa pola tarde, o historiador Ramón Vila impartía unha conferncia. Tamén se facían xogos populares, entre eles os bolos e contábase cunha pequena mostra de artesanía, entre outras actividades.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button