PolíticaÚltima hora

María Albert (BNG) pedirá no Parlamento galego a reapertura da oficina agraria da Rúa

As iniciativas parlamantarias que presentará a formación nacionalista reclaman a "recuperación pronta do servizo, a volta a un cadro de persoal mínimo de 3 profesionais e, en resumo, a configuración dunha Oficina Agraria comarcal que cubra as necesidadesdos usuarios"

A deputada valdeorresa do BNG, María Albert./ Cedida.

 

A deputada do BNG no Parlamento de Galicia, María G. Albert, demandará na Cámara galega que se restableza “na maior brevidadeposíbel o servizo da Oficina Agraria da Rúa, que leva pechada xa dúas semanas por baixa das dúas traballadoras asignadas a ela”.

Albert considera “inadmisíbel que a Xunta de Galiza non teña cuberto a falta desas dúas traballadoras nunha oficina que nos últimos anos vén sufrindo un progresivo deterioro de servizo con falta de persoal incidindono progresivo deterioro do servizo aos usuarios e usuarias”.

A parlamentaria nacionalista tamén sinala que “na actualidade ese progresivo deterioro ten chegado a límites insoportábeis co peche sine die dunha oficina que ten a obriga de fornecer un servizo público fundamental nunha comarca de gran vocación vitivinícola como a nosa”.

Así mesmo, María Albert engade que “o peche da oficina agraria da Rúa está a sobresaturar de traballo á oficinado Barco, que ten que atender tamén as necesidades dos usuarios da oficina ruesa nunha situación absolutamente insustentábel”.

As iniciativas parlamantarias que presentará o BNG reclaman a “recuperación pronta do servizo, a volta a un cadro de persoal mínimo de 3 profesionais e, en resumo, a configuración dunha Oficina Agraria comarcal que cubra as necesidadesdos usuarios; algo que na actualidade non está a acontecer”, en opinión da deputada ruesa.

Artigos relacionados

Back to top button