En portadaGalerías de fotosPolíticaÚltima hora

María Albert: “Non tiñamos idea de que habería unha suba tan alta no BNG e que Valdeorras tería parlamentaria”

A candidata ruesa presentábase como nº3 por Ourense nas filas da formación nacionalista

 

O BNG de Valdeorras celebra na Rúa a entrada de María González Albert, exalcaldesa do mesmo concello, no Parlamento de Galicia. Así, a candidata nacionalista presentábase como nº3 por Ourense, número de deputados que conseguiu na provincia.

 

 

“A nivel persoal é unha sensación moi satisfactoria e a nivel de organización política é un grandísimo resultado para o BNG. É un resultado merecido, xa que levan feito un traballo inmenso nestes últimos catro anos e a cidadanía recoñeceuno”, explicaba María Albert. Sen embargo, lamentaba que as formacións de esquerda non lle puideran arrebatar a maioría ao Partido Popular.

 

 

“Por un lado estou moi sorprendida, porque contaba con que o BNG tivera unha suba importante, como así foi, pero dende logo non tiñamos idea de que chegaría a ser unha suba tan alta e que en Valdeorras tiveramos unha parlamentaria, que, a diferenza do que acontecía ata agora, se preocupara pola comarca”, concluía.

 

 

Fotos e vídeos: Alba Prada e cedidas

Artigos relacionados

Back to top button
Close