Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

María Carmen González (PP) afronta un novo mandato como rexedora de Carballeda de Valdeorras

A nova Corporación deste municipio está formada por seis concelleiros do PP, dous socialistas e un de Espazo Común

As eleccións municipais do 26 de maio dábanlle unha nova maioría absoluta ao PP, cuxa lista lideraba novamente María Carmen González Quintela en Carballeda de Valdeorras. Os resultados deses comicios traducíanse nunha Corporación formada por seis concelleiros do PP, dous socialistas e, como novidade, un de Espazo Común.

Estes edís tomaban posesión dos seus cargos na sesión constituínte da nova Corporación do pasado 15 de xuño. Nela tamén resultaba elixida como nova alcaldesa María Carmen González, que deste xeito inicia unha nova lexislatura á fronte deste concello valdeorrés que leva gobernando dende hai 28 anos.

Fotos cedidas.

María Carmen González na súa toma de posesión como alcaldesa de Carballeda.

 

Artigos relacionados

Back to top button