ConcellosTrivesÚltima horaVídeos

María do Ceo pon a nota musical ao Nadal na Pobra de Trives

 

Adaptado á situación sanitaria e con todas as medidas de seguridade anticovid vixentes, a Pobra de Trives está a despregar un completo programa de actividades para celebrar o Nadal.

Un programa que abría o pasado 19 de decembro o contador e monologuista galego Avelino González, quen achegou ao público trivés un espectáculo de contos, historias e anécdotas cheas de humor para alonxar o enfado e a cólera e sacar a bondade de cada persoa.

Tres días despois e fieis á tradición, na tarde do 23 de decembro os veciños facían voar os seus desexos no ceo estrelado de Nadal co lanzamento dos “farolillos voadores” e ao día seguinte, para ledicia dos máis pequenos, Papá Noel percorría a vila acompañado polos membros do motoclub.

 

A alcaldesa e a concelleira de Cultura de Trives, entre o público asistente ao concerto.

 

E así chegamos á tarde deste domingo 26 de decembro, co concerto de Nadal que María do Ceo daba no Auditorio Julio Vázquez. Seguindo un riguroso control de aforo, e tendo que presentar algún dos seguintes documentos (certificado Covid, PCR negativa nas últimas 72 horas ou Test de antíxenos nas últimas 48 horas), os asistentes puideron desfrutar dunha fantástica actuación na que a cantante portuguesa, considerada una fadista tradicional, presentou o seu traballo musical. Unha actuación incluiía dentro do programa de dinamización lingüística “Nadal en Rede”, organizado desde a Secretaría de Política Lingüística da Xunta.

A seguinte cita musical en Trives será o tamén tradicional concerto de Aninovo que o Orfeón Trivés dará o vindeiro 2 de xaneiro ás 17 horas na igrexa do Santo Cristo da Misericordia.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button