PolíticaÚltima hora

María G. Albert repite como candidata do BNG á alcaldía da Rúa

Será a segunda vez que encabece a lista nacionalista, tras ocupar o cargo de alcaldesa entre os anos 2015 e 2017
María G. Alberta, candidata do BNG á alcaldía da Rúa.

Nas vindeiras eleccións municipais de maio María González Albert (A Rúa, 1977) volverá a encabezar a lista ruesa do BNG. Tras ser elixida como candidata pola asemblea local do BNG na Rúa, a súa proposta resultada ratificada na mañá do 9 de febreiro polo Consello Nacional en Compostela.

Albert ten sido a primeira muller en ocupar o cargo de alcaldesa na Rúa, entre os anos 2015 e 2017. Agora o BNG aspira a “revalidar e mellorar os seus bos resultados na vila valdeorresa nesta convocatoria de 2019”, tal e como se avanza dende esta formación política.

María G. Albert é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago e nos últimos anos veu desenvolvendo o seu labor profesional na Rúa no ámbito da repostería creativa.

 

Artigos relacionados

Back to top button