CulturaEducación

María Luz Fernández toma posesión como xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu esta mañá á toma de posesión da xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, María Luz Fernández Quintas. De seguido, ámbas as dúas mantiveron unha xuntanza cos xefes e xefas de servizo. O obxectivo do encontro foi analizar os proxectos que este departamento autonómico está a desenvolver na provincia ourensá e concretar liñas de actuación.

O nomeamento de María Luz Fernández como xefa territorial do departamento autonómico na provincia de Ourense acordouse onte por resolución da Dirección Xeral da Función Pública.

Nada na localidade ourensá do Pereiro de Aguiar e licenciada en Dereito, Fernández Quintas, accedeu á Administración galega no ano 1990, desempeñando distintas funcións, algunhas relacionadas coa Educación, como xefa do servizo de recursos humanos e secretaria provincial. Na actualidade exercía como xefa do servizo de xestión técnico-administrativa na Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Ourense.

Marisol Díaz Mouteira solicitou a colaboración do equipo técnico e pediulle á nova xefa territorial o máximo compromiso ao fronte desta responsabilidade.

Artigos relacionados

Back to top button