DeportesÚltima hora

María Martín (Adas), prata coa selección galega Sub16 de marcha no campionato de federacións autonómicas

María Martín (Club Adas do Barco) coa medalla de prata lograda xunto á selección galega en Sevilla./ Foto: Adas.

 

A selección galega femenina Sub16 facíase cun destacado segundo posto no XXXI Campionato de Federacións Autonómicas marcha en ruta, celebrado o 14 de febreiro en Sevilla (Parque do Alamillo). Do combinado galego, só superado pola selección catalá, formaba parte a atleta María Martín do Club Adas do Barco.

A nivel individual, Martín lograba a 14ª posición na proba, cun tempo de 26:43 na distancia de 5 km. “Esta competición é un novo éxito no historial da nosa xove marchadora”, tal e como se destaca dende o Club Adas.

Artigos relacionados

Back to top button