ConcellosÚltima hora

María Neira, directora de Saúde Pública da OMS, na edición de novembro de O SIL

Esta doutora, con orixes en Xagoaza (O Barco), analiza a pandemia actual do Covid-19 na entrevista central deste númeroe haberá vacina no 2021

 

Na entrevista central do número de novembro do Periódico O SIL conservamos con María Neira, con orixes en Xagoaza (O Barco), que está á fronte do Departamento de Saúde Pública e Medio Ambiente da Organización Mundial da Saúde (OMS).

Dende Xenebra o seu equipo traballa en dar resposta á pandemia do coronavirus, pero tamén en poñer as bases para a saída da mesma, tal e como explica nesta entrevista, na que tamén se amosa convencida de que no 2021 haxa vacina para o Covid-19. Dende a OMS xa se está a traballar tamén no sistema de distribución da mesma.

A doutora Neira foi galardoada este ano co Premio Ourensanía, pero a entrega deste galardón (que outorga a Deputación de Ourense e que acostuma entregarse o 11 de novembro) foi cancelada.

 

Referencia á entrevista na portada da edición en papel de novembro do Periódico O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button