CulturaCulturaÚltima hora

“María Solinha” de Ignacio Vilar, premiada no Taormina Film Fest 2020

O filme competía na categoría "Indieuropea" con outras 11 longametraxes

Fotograma de “María Solinha”, de Ignacio Vilar. / Foto: Vía Láctea Filmes.

 

“María Solinha”, do director petinés Ignacio Vilar, recibe o galardón na categoría “Indieuropea” da sexaséxima sexta edición do Taormina Film Fest, en Sicilia. O filme competía con outras 11 longametraxes de Francia, Polonia, Irlanda, Turquía, Grecia, Reino Unido, Rusia, Italia e Bulgaria. A película proxectouse na súa versión orixinal en galego, con subtítulos en italiano.

O festival, cita de prestixio para o cinema europeo e internacional, tivo lugar entre os días 11 e 19 de xullo, na pintoresca cidade siciliana de Taormina, en Italia. Esta edición estivo marcada polas medidas de seguridade, froito da crise sanitaria.

Ademáis do galardón recibido, que supón o primeiro premio internacional para a película, “María Solina” continúa as súas citas por numeros concellos de Galicia e Castela e León, que durarán ata o mes de outubro. Os visionados combinan o formato autocine e as proxeccións ao aire libre, garantindo sempre o control de aforo e os protocolos hixiénico-sanitarios. A película terá visitado, ao remate da xira, máis de 100 concellos que non contan con sala de cine comercial o que permitirá que a xente do rural asista á estrea antes que os habitantes das cidades.

As próximas datas son hoxe, 21 de xullo, en O Corgo (Lugo), o día 23 en O Carballiño (Ourense), o 24 en Moaña (Pontevedra) e o 25 en O Irixo (Ourense).

 

Artigos relacionados

Back to top button