CulturaCulturaÚltima hora

“María Solinha”, de Ignacio Vilar, proxectarase en Viana o 2 de agosto

A actividade será ao aire libre, ás 22:00h, na praza Maior

A concelleira de cultura, Graciela Diéguez e o alcalde de Viana, Secundino Fernández. / Foto: cedida.

 

“María Solinha”, o filme do director petinés Ignacio Vilar continúa o seu percorrido polos concellos do rural galego. A próxima cita será na praza Maior de Viana do Bolo e contará coa asistencia de protagonistas do filme. O evento iniciarase cunha presentación ás 22:00h e a proxección comezará ás 22:30h.

Segundo o alcalde de Viana, Secundino Fernández Fernández, o acto contará con aforo limitado ademais de todas as medidas de seguridade derivadas da pandemia do coronavirus. As seguintes proxeccións serán na provincia de Lugo, en Barreiros, o próximo 3 de agosto e en Guitiriz, o día 4.

 

Cartel promocional da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button
Close