CulturaCulturaÚltima hora

“María Solinha”, de Ignacio Vilar, proxéctase en Vilamartín

O visionado será o domingo, 26 de xullo, ás 22:30h, no campo de fútbol municipal

O filme “María Solinha”, do director petinés Ignacio Vilar, continúa a súa xira polos concellos da Galicia rural. A próxima sesión será no concello de Vilamartín de Valdeorras, o domingo 26 de xullo, ás 22:30h. A proxección será ao aire libre, no campo de fútbol municipal.

Para a exhibición do filme, o director quixo apostar por unha serie de visionados en concellos pequenos que carecen de sala de cine. Con esta estratexia, Vilar pretende que sexan os habitantes do rural os primeiros en desfrutar de “María Solinha”, antes da súa estrea en salas comerciais.

Cartel promocional da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button