Publicidade
CulturaCulturaÚltima hora

“María Solinha”, do valdeorrés Ignacio Vilar, seleccionada no Taormina Film Fest

A longametraxe participará na sección Indieuropea do festival siciliano, que comeza o vindeiro sábado, 11 de xullo

Fotograma da película “María Solinha”, de Ignacio Vilar.

 

A sétima longametraxe Ignacio Vilar, “María Solinha” foi seleccionada para competir na sección Indieuropea do festival siciliano Taormina Film Fest, un dos certames de referencia para cinema internacional e que este 2020 celebra a súa 66º edición. O festival, que dá comezo o próximo sábado día 11 de xullo na cidade de Taormina, anunciou hoxe, 9 de xullo, os filmes elixidos para cada unha das seccións a través do seu perfil en Facebook.

“María Solinha” (protagonizada por Grial Montes, Laura Míguez, Santi Prego, Mabel Riera e Antonio Durán “Morris”) está percorrendo Galicia este verán cunha serie de estreas que combinan o formato autocine e o cine ao aire libre, sempre en concellos medianos ou pequenos. As próximas proxeccións terán lugar nos concellos de Cuntis (Pontevedra) ás 22:30h e Pantón (Lugo), ás 23:00h.

Fotos: Vía Láctea Filmes.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close