EconomíaEconomíaÚltima hora

Maribel Raposo da Cantina O Foguete de Pacios da Serra (Quiroga), “Gran Mestra da Cociña Tradicional”

A responsable da Cantina O Foguete de Pacios da Serra (Quiroga), recollendo o recoñecemento./ Foto cedida.

 

Maribel Raposo Rodríguez, da Cantina O Foguete de Pacios da Serra (Quiroga), vén de ser recoñecida como “Gran Mestra da Cociña Tradicional”. Este distintivo concédeo a Federación de Academias da Gastronomía dos Camiños a Santiago e da Academia Galega de Gastronomía.

O Vicepresidente da Academia Galega, Francisco García Bobadilla, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, desprazáronse ata Pacios da Serra para facerlle entrega á reponsable deste establecemento dun diploma como recoñecemento polo seu “coidado e custodia das receitas tradicionais e por manter viva unha forma de cociñar tradicional”.

A Academia Galega de Gastronomía ten como finalidade potenciar todo o que rodea a nosa gastronomía, dende os nosos produtos ata a súa forma de elaboración. E o seu recoñecemento a aquelas persoas que contribúen a potenciar a cociña galega, tanto tradicional como moderna, son os seus distintivos como mestres da cociña.

Membros desta entidade tiveron ocasión de degustar os produtos da Cantina O Foguete en varias ocasións (un menú diario composto por media ducia de pratos elaborados a fogo lento con produtos da tempada e outras tantas sobremesas caseiras), o que os levou a outorgar este recoñecemento á persoa que dende hai anos a rexenta.

Artigos relacionados

Back to top button