CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

Maridaxe de jazz e flamenco, na cova da Adega Joaquín Rebolledo (A Rúa)

 

Nun marco moi especial, nos dominios da pedra e do viño, podía desfrutarse na tarde do venres 13 de agosto, a partir das 20h, dun concerto de Ton&Teria, organizado pola Fundación Vicente Risco. Este dúo, formado por Ton Risco e Marcos Teria, actuaba na cova da Adega Joaquín Rebolledo, na Rúa.

 

 

“Son dous músicos virtuosos e cunha traxectoria moi importante, tanto a nivel de experiencia profesional como de formación. Levan dous anos con este proxecto conxunto, con esta maridaxe de flamenco e jazz que tiñan moitas ganas de acometer”, dicía Celia Pereira Porto, presidenta da Fundación Vicente Risco, na presentación do concerto, na que estaba acompañada polo responstable da adega ruesa, José Ramón Rodríguez. Ademais, Pereira na súa intervención agradecía “a hospitalidade da Adega Joaquín Rebolledo” e reivindicaba que a cultura “é segura”.

De seguro, o protagonismo pasaba a mans de Ton&Teria, unha formación que xunue percusión e corda e cun repertorio que incluía temas de jazz, música sudamericana, flamenco ou pezas de composición propia. Un encontro coa música, nun entorno de tradición e viño como é a cova desta adega valdeorresa.

 

 

O evento, que se desenvolvía aplicando os protocolos anticovid, tivo unha gran acollida e o aforo completábase xa xornadas antes da súa celebración.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button