ConcellosÚltima hora

Maridaxes de cogomelos e viños valdeorreses na Veiga

Este municipio celebraba do 27 ao 29 de novembro a I Feira Micolóxica “Tregumelos”
Maridaxe entre cogomelos e viños valdeorreses./ Foto cedida polo Concello da Veiga.
Maridaxe entre cogomelos e viños valdeorreses./ Foto cedida polo Concello da Veiga.

Demostracións de cociña en directo (showcookings), maridaxes e degustacións. Ao longo de tres xornadas, do 27 ao 29 de novembro, A Veiga celebraba a primeira edición da Feira Mixolóxica Cogomelos. Comezaba cun showcooking de Jaume García (Restaurante Velis Nolis), seguido dunha degustación, na Aula da Natureza.

Ao día seguinte, venres 28 de novembro, no mesmo lugar, desenvolvíase un novo showcooking, pero desta volta guiado por Alejandro Mínguez (Plan C) ás cinco da tarde. Logo, ás oito e media os asistentes desfrutaban dunha nova degustación.

Showcooking dirixido por Alejandro Mínguez, na Veiga./ Foto cedida polo Concello da Veiga.
Showcooking dirixido por Alejandro Mínguez, na Veiga./ Foto cedida polo Concello da Veiga.

E xa na derradeira xornada da feira, a do 29 de novembro, no salón de conferencias do Toural tiña lugar unha maridaxe e cata de cogomelos e viños da Denominación de Orixe Valdeorras, coa participación do director técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, Jorge Mazaira. De seguido, tivo lugar unha nova degustación.

Esta Feira Micolóxica ten sido organizada polo Concello da Veiga en colaboración co Inorde.

O director técnico do CRDO Valdeorras, Jorge Mazaira, intervindo no Toural./ Foto cedida polo Concello da Veiga.
O director técnico do CRDO Valdeorras, Jorge Mazaira, intervindo no Toural./ Foto cedida polo Concello da Veiga.

Artigos relacionados

Back to top button