EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Maridaxes de Pataca de Galicia con viños de Valdeorras e da Ribeira Sacra, na feira Gourmets en Madrid

No marco do escaparate internacional que supón para o sector agroalimentario a 32ª edición do Salón Gourmets  está a promocionarse a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia. Este organismo conta con presenza, xunto con outros consellos reguladores galegos, no stand da Consellería do Medio Rural neste certame, que se celebra entre o 7 e o 10 de maio en Madrid.

Na xornada do 8 de maio (de tres a catro da tarde) ofrecía unha degustación entre os profesionais que visitaban a mostra. Nela podía probarse a pataca galega cun guiso de tenreira galega e maridada con viños tintos e brancos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Nunha degustación anterior tamén se maridaba a Pataca Galega con viños brancos da D.O. Valdeorras.

Mañá 9 de maio, poderá probarse novamente a Pataca de Galicia, pero desta volta con grelos galegos, faba de Lourenzá e con lacón galego. Esta degustación está programada para ás seis da tarde.

 

Fotos cedidas por: IXP Pataca de Galicia e por IXP Castaña de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button