PolíticaÚltima hora

Marina Ortega, cabeza de lista do PSdeG pola provincia de Ourense, vota no Auditorio do Carballiño

Fixo un "chamamento masivo á nosa cidadanía galega para que faga unha participación sen precedentes"

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense nestas eleccións ao Parlamento de Galicia, acudiu a votar no Auditorio do Carballiño. Así, fixo un “chamamento masivo á nosa cidadanía galega para que faga unha participación sen precedentes, para que o resultado das eleccións e o futuro de Galicia se decida en base a uns parámetros o máis axustados á realidade do que os galegos e as galegas decidan”.

 

Marina Ortega depositando o seu voto.

 

Ademais, sinala que “esperemos que todo trascorra con normalidade, que todas as medidas se cumpran, que non teñamos ningún percance e que todo saia ben. Que a xente demostre que o poder do voto é o maior referente da nosa democracia onde poidamos decidir o avance de Galicia tan necesario hoxe, máis que nunca, nas circunstancias nas que nos atopamos”.

Artigos relacionados

Back to top button