PolíticaÚltima hora

Marina Ortega e Juan Carlos Francisco repiten como cabezas de lista do PSOE por Ourense ao Congreso e ao Senado

Juan Carlos Rivera e Marina Ortega, mantéñense como candidatos ao Senado e ao Congreso, respectivamente, nas vindeiras eleccións xerais./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Comisión Federal de Listas do PSOE vén de ratificar as candidaturas coas que o PSdeG concorrerá ás eleccións xerais do vindeiro 10 de novembro. Nelas mantén aos mesmos candidatos e candidatas que se presentaban aos anteriores comicios o pasado 28 de abril para o Congreso e para o Senado.

Así na candidatura ao Congreso repite pola provincia de Ourense, Marina Ortega como cabeza de lista,  seguida por Adolfo Pérez Abellás, Uxía Tizón e Antonio Fernández Feijóo.

Para o Senado, pola provincia de Ourense a lista está liderada por Juan Carlos Francisco Rivera, e despois figuran Marina Tallón e José Antonio Pérez

Artigos relacionados

Back to top button