DeportesÚltima hora

Mariñamansa acolle o Torneo Internacional Veteranos de Hockey

A entrega de trofeos celebrarase na xornada de mañá, ás 14 horas
Un momento do partido desputado entre Portugal e Francia, esta mañá. // Foto: Sara Fontenla
Un momento do partido desputado entre Portugal e Francia, esta mañá. // Foto: Sara Fontenla

As instalacións deportivas do Club Deportivo Open de Ourense acollía durante a xornada de hoxe a XI edición do Torneo Internacional Veteranos ‘Octopus Hockey Festival’ (OHF), que reuniu a cinco equipos masculinos e tres femininos. Varios deles procedían de fóra das fronteiras españolas.

Segundo a programación, hoxe desenvolveuse a competición nun formato de “todos contra todos”. Tamén habería tempo para coñecer a cidade e os seus encantos turísticos e gastronómicos. Mañá está previsto que se xogue un partido de exhibición entre equipos femininos e o encontro rematará arredor das 14 horas, coa entrega de trofeos.

Artigos relacionados

Back to top button