OurenseÚltima hora

Mario González, ecovixiante do mes, no colexio Divina Pastora de Ourense

É un dos membros activos dos Ecovixiantes, que esta semana limparon o Campus de Ourense de cabichas, mascarillas e plásticos

 

Xove responsable e comprometido co seu entorno; xeneroso e altruísta, Mario González Salpurido encarna á perfección o espírito de Ecovixiante. “Fai aos que temos sorte de convivir con el cada día, crer que aínda existe o optimismo para a nosa Casa Común”, aseguran dende o olexio Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense e por iso recibía, de mans do xefe de estudos, o galardón de ecovixiante do mes, acompañado por un dos coordinadores Gonzalo Sánchez.

 

Mario González Salpurido recibindo o premio ao Ecovixiante do Mes.

 

Mario é un dos membros activos dos Ecovixiantes que esta semana limpaban o Campus de Ourense. Ataviados con chalecos amarillos do Programa Stars España de desprazamento sostible e seguro (material recibido de Ecourense), o animado grupo liderado por Cris Bravo e Lalo Sánchez recollían miles de cabichas, tres bolsas de plástico e vidro e unhas cantas mascarillas. Ademais, limparon de follas secas os colectores, tupidos e cheos de cabichas.

Pensando globalmente e actuando localmente, a profesora Bravo asegura que “esta actuación e unha pequena aportación desde a distancia á COP recén inaugurada na cidade escocesa de Glasgow”.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button