PolíticaÚltima hora

Marisol Díaz, á fronte da lista do PP na provincia de Ourense ás eleccións galegas

Nesta candidatura Valdeorras quédase fóra dos postos de saída xa que Moisés Blanco vai de número 12

Marisol Díaz, cabeza de lista do PP por Ourense./ Foto cedida.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) do 4 de marzo publicaba as candidaturas que se presentarán as eleccións ao Parlamento de Galicia do vindeiro 5 de abril. Entre elas figura a lista do PP pola provincia de Ourense, na que a cabeza de lista é Marisol Díaz, ata agora delegada da Xunta na provincia.

A lista continúa con Miguel Ángel Santalices, José González Vázquez, Marta Nóvoa Iglesias, Antonio Rodríguez Miranda, Noelia Pérez López, Gabriel Alén Castro, José Antonio Armada, Marta María Rodríguez Vispo, José Luis Ferro, Carlos Gómez Salgado, Moisés Blanco Paradelo, Jackeline E. Fernández e María Antonia Rilo.

Deste xeito, Valdeorras queda fóra dos postos de saída xa que o valdeorrés Moisés Blanco, ata agora deputado, ocupa o número posto 12 da candidatura.

 

Artigos relacionados

Back to top button