Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Marisol Díaz toma posesión como delegada da Xunta en Ourense

Xunto a ela tomaban tamén posesión dos seus cargos en Santiago o director xeral do gabinete da Presidencia e os delegados territoriais da Xunta na Coruña, Lugo, Pontevedra e Vigo

Por segunda vez Marisol Díaz Mouteira vén de tomar posesión como delegada da Xunta en Ourense. Neste acto, celebrado na mañá do 21 de novembro en Santiago, tamén asumían os seus cargos os outros catro delegados territorias da Administración galega na Coruña, Lugo, Pontevedra e Vigo, xunto co director xeral do gabinete de Presidencia.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pedíalles a todos eles que aprendan da xente e do pobo ao que van servir, incidindo en que a súa principal responsabilidade é ser “os ollos e os oídos” do goberno galego no ámbito territorial, onde van prestar os seus servizos. “Sodes os primeiros que van oír o que a xente quere e demanda e, polo tanto, trasladar ao goberno as súas inquedanzas e preocupacións”, engadía. Asemade en referencia directa a Marisol Díaz destacaba da nova delegada súa experiencia e o seu bo facer.

Artigos relacionados

Back to top button