EconomíaEconomíaÚltima hora

Marisol Novoa cumpre un ano á fronte da CEO

É a primeira muller que ocupa un cargo deste tipo nas organizacións empresariais galegas

Marisol Novoa, presidenta da CEO.

 

Cun vídeo, que se vén de publicar nas redes sociais, conmemora este sábado a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) o primeiro ano de mandanto de Marisol Novoa Rodríguez, que asumía o cargo de presidenta desta organización o 6 de xuño de 2019, ocupando o baleiro deixado tras o falecemento de José Manuel Pérez Canal.

Dese xeito, Novoa Rodríguez convertíase na primeira muller en situarse á fronte dunha organización empresarial provincial en Galicia, e facíase acompañar doutras dúas mulleres como vicepresidentas, Rosa Mª Sánchez Gándara e Beatriz Gómez Valcárcel. Completaron os cargos da directiva César Blanco e Alejandro Cruz, tamén como vicepresidentes, e Juan Manuel Piñeiro e David Martínez como tesoureiro e contador, respectivamente.

Natural do Carballiño e avogada de profesión, Marisol Novoa non era allea aos cargos de responsabilidade no asociacionismo empresarial, posto que xa compaxinaba o cargo de presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias co de vicepresidenta no equipo de Pérez Canal.

 

 

 

Defende o protagonismo e valor da muller na empresa e a necesaria unidade de todo o colectivo para actuar con máis fuerza, e tamén aplica estas dúas referencias no seu traballo diario, ademais apostar por Ourense, polos seus recursos e potencialidades, tal e como se destaca dende a CEO.

Logo deste primeiro ano de mandato, Novoa resalta “tanto o valiosísimo traballo diario da CEO ao carón das empresas ourensás (aínda resulte menos coñecido polo habitual e rutinario), como as accións puntuais e máis mediáticas coas que, por exemplo, traemos ata aquí a empresarios doutross países para amosar as excelencias da provincia e vendela fóra, algo que sen dúbida repercute moi positivamente nela, e que debemos potenciar aínda máis en canto o permita a situación creada pola pandemia, xa que o comercio exterior pode resultar moi beneficioso para Ourense nesta crise, ao igual que sucedeu na anterior”.

A presidenta da CEO reivindica, ao mesmo tempo, seguir apostando e defendendo outras liñas de actuación como a revitalización do ámbito rural, a posta en valor do made in Ourense, infraestruturas do século XXI para a provincia, implantación de industria, o comercio local, a dixitalización das empresas, un turismo de calidade, e, en definitiva, todas as accións que conduzan a un Ourense con futuro onde se cumpran os soños e proxectos de todos os seus habitantes.

Artigos relacionados

Back to top button