EconomíaEconomíaÚltima hora

Marisu Miranda dará unha conferencia no Barco

A deseñadora barquense, residente en Florida (EE.UU.) falará da súa experiencia no mundo da moda
Marisu Miranda nunha conferencia impartida en Valdeorras  hai uns anos. /Foto: Carlos G. Hervella.
Marisu Miranda nunha conferencia impartida en Valdeorras hai uns anos. /Foto: Carlos G. Hervella.

“A outra cara do deseño… Técnicas, cambios e oportunidades detrás do mundo da moda”. Ese é o título da conferencia que a deseñadora barquense Marisu Miranda, dará o vindeiro mércores 18 de marzo no Barco de Valdeorras, da man do Centro Comercial Aberto O Barco.

Recén chegada de Tampa, Florida (EE.UU.) onde reside e desenvolve o seu traballo, Marisu falará sobre a súa experiencia no mundo da moda, así como do seu novo Atelier (lugar onde traballa) e moitos outros temas de interese vencellados ao sector téxtil no que leva anos triunfando.

A cita será a partires das nove da noite nas aulas de formación de Aeva (Praza Andrés de Prada, Nº 2-1ª andar).

Artigos relacionados

Back to top button