ConcellosO BarcoÚltima hora

Marta Alonso presentará “Bailar agora” o 10 de decembro no Barco

 

“Unha sorte de imperativo cara un posicionamento no presente social e persoal a través da danza”. Deste xeito define a bailarina e creadora Marta Alonso o espectáculo “Bailar agora” no que presenta a súa propia historia na danza a través dunha nena que xoga e baila coa súa nai, dos seus primeiros movementos coa música dos anos 80 e 90, e o seu contacto co ballet clásico, finalizando esta viaxe na danza contemporánea, sen esquecer o sufrimento e dedicación que esixe esta disciplina.

Esta singular proposta poderá verse o vindeiro venres 10 de decembro sobre as táboas do Teatro Lauro do Barco a partir das 21h.

Bailar agora é un espectáculo “moi xeneroso, cheo de sorpresas, e que quere situarnos no tempo actual, cunha linguaxe humorística e danza moi física, para vivir o aquí e o agora bailando”.

Artigos relacionados

Back to top button