OurenseÚltima hora

Marta Míguez destaca a Galicia e Ourense como “grandes representantes do xadrez internacional”

A cidade das Burgas acolle esta fin de semana as I Xornadas internacionais de xadrez con Iván Salgado

Dende hoxe e ata o domingo 17 de xuño desenvolveranse en Ourense as I Xornadas internacionais de xadrez con Iván Salgado que contarán cun completo programa. Haberá conferencias; unha expectacular partida de exhibición cronometrada do campión de España ante o público; un Match Internacional da selección galega apitaneada por Iván Salgado ante a selección nacional de Portugal; unha exhibición de xadrez simultáneo do campeón de España e os outros medallistas nacionais ourensáns; un cuadrilátero de 4 especialistas contra 60 afeccionados “ao mesmo tempo”; e un torneo de exhibición “relámpago” coa participación garantizada do vixente campión de España, o G.M. Iván Salgado, que chega de Bulgaria para esta cita.

O acto inaugural tiña lugar na mañá do 15 de xuño coa presenza de Iván Salgado, Marta Míguez (secretaria xeral para o Deporte), Mario Guede (concelleiro de Deportes de Ourense), Marisol Díaz (delegada da Xunta de Galicia en Ourense), Jesús Vázquez (alcalde de Ourense), Gaspar Pérez (presidente FEGAXA), Elías José González (presidente do Club Xadrez Ourense), colaboradores, organización, e os tres xoves medallistas nacionais ourensáns da actualidade: Yudania Hernández (bronce nacional feminino), Xacobe Conde (prata nacional alevín) e Martín Gómez (bronce nacional infantil). No acto, a secretaria xeral para o Deporte situou a Galicia e Ourense como “dous destinos de deporte e de xadrez porque son grandes representantes do xadrez internacional”.

Artigos relacionados

Back to top button