DeportesÚltima hora

Marta Sánchez grava en Laias o spot oficial de La Vuelta

A campaña publicitaria iniciarase en xullo e incluirá imaxes das etapas que discorren pola provincia de Ourense
Marta Sánchez en Ourense, nun descanso da gravación do spot de Vuelta 2016, con Manuel Baltar, Javier Guillén, Nava Castro, Daniel Minimalia e Anxo Lorenzo.
Marta Sánchez en Ourense, onte, nun descanso da gravación do spot de La Vuelta 2016, con Manuel Baltar, Javier Guillén, Nava Castro, Daniel Minimalia e Anxo Lorenzo.

A cantante Marta Sánchez gravou na xornada de onte, 25 de abril, en Laias (Cenlle) o spot oficial de La Vuelta Ciclista a España 2016, coa provincia de Ourense como escenario principal. O anuncio escenificouse nun espazo natural á beira do Miño, preto do balneario de Laias. Neste enclave, a artista traballou xunto ao músico ourensán Daniel Minimalia e o gaiteiro Anxo Lorenzo. Tamén contará coa participación do humorista estradense David Amor.

Ata o lugar da gravación desprazouse tamén o director xeral de La Vuelta, así como o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e a directora de Turismo, Nava Castro. Esta última destacou que o anuncio se rodará íntegramente na comunidade galega e avanzou que a súa emisión en Televisión Española se producirá durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Pola súa banda, Baltar sinalou que a gravación promocional supón “un plus para a proxección mediática da proba ciclista máis importante do mundo, xunto co Giro e co Tour, e onde a provincia de Ourense esta a ser este ano o centro de atención”. Lembrou, pois, que discorrerán por esta zona catro etapas, e tamén se desenvolverá a presentación dos equipos.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close