OurenseÚltima hora

Martín Boado gaña o XI Memorial José Henrique Rodríguez Peña de xadrez

O campionato, organizado polo Ateneo de Ourense, celebrouse o 7 de outubro no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”

O xadrez copou a planta baixa do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación. Un total de 36 participantes batéronse sobre o taboleiro branco e negro no XI Memorial José Henrique Rodríguez Peña 2017, celebrado o sábado, 7 de outubro, e organizado polo Ateneo de Ourense.

O gañador absoluto deste torneo foi  Martín Boado, que só concedeu un empate na 4ª rolda ante o gañador da pasada edición, que a posteriori acabou 3º, tamén sen conceder a derrota. Pola súa banda, Xabier Gómez conseguía o subcampionato ao gañar ao veterano Sindo Rodríguez na última rolda. Mérito especial para Mateo Díaz que se alzou co trofeo ao primeiro Sub 14 grazas a 3 vitorias consecutivas nas últimas roldas, e a Xoaquín Bello, incansable, que se alzou co trofeo ao mellor veterano, 6º clasificado do torneo. Pola súa banda, Xoaquín Losada e Rafael Sánchez, gañaron o premio ao mellor socio e mellor do equipo do Ateneo, respectivamente.

Na entrega de premios estiveron presentes Susi, viúva de Rodríguez Peña, Mario Guede, Concelleiro de Deportes, Pablo, vicepresidente do Ateneo, José Mosquera, como amigo de Rodríguez Peña e Manuel García, como amigo, árbitro e organizador do torneo.

Artigos relacionados

Back to top button