CulturaCulturaÚltima hora

“Marxes fílmicas”, no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Do 16 ao 18 de xullo o Cineclube Padre Feijóo proxectará ás 20:30h. unha escolma de filmes fóra do marco de distribución no patio deste espazo museístico
Cartaz da iniciativa "Marxes fílmicas".
Cartaz da iniciativa “Marxes fílmicas”.

A iniciativa “Marxes Fílmicas”, que promove o Cineclube Padre Feijóo, traerá ao Museo Etnolóxico de Ribadavia do 16 ao 18 de xullo catro propostas cinematográficas que están fóra do marco da distribución comercial. “Coincide que principiamos a proxectar o citado ciclo, no Museo Etnolóxico Ribadavia, e como é lóxico -dado o bo trato e facilidades recibido- voltamos un ano máis, pero nesta ocasión, facemos coincidir as proxeccións en tres días seguidos desta semana, cunha ollada ao cine de Finlandia, grazas á colaboración inprescindible, do Instituto Iberoamericano de Finlandia”, explican os organizadores.

O programa de proxeccións (todas elas de entrada gratuíta e en versión orixinal subtitulada en castelán) comezará o mércores 16 de xullo ás 20:30h. cos filmes “A teoría de Korso (Korsoteoría)”, dirixido por Antti Heikki Pesonen, e con “Unha semana tranquila” de Jussi Hiltunen. Xa o 17 de xullo poderá verse “A carga do meu corazón (Sydämeni Taakka)” de Iris Olsson. Este conxunto de proxeccións completarase o día 18 de xullo con “Unha clase especial (Omaa Luokkaansa)” de Iiris Härmä.

Ademais dende o Cineclug Padre Feijóo adiantan que en agosto continuarán coa proposta “Cinema na praza”, dentro do programa “de actividades que nos autorganizamos os colectivos da cidade en Ourense, co nome de VeránêArte de ESCUA”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button