ColaboraciónsConcellosOpiniónÚltima hora

Marxinación ou indiferenza coa aldea: algunhas preguntas

Artigo de opinión escrito por Manuel Agra Villar

Unha das localidades valdeorresas devastadas polo lume./ Foto: Carlos G. Hervella.

_______
A Veiga de Cascallá: 34 casas queimadas
Alixo: 15 casas queimadas
Robledo: 10 casas queimadas
Etc. …
__________

-Se nunha cidade arden, por exemplo, 50 casas, non estarían as radios e TV transmitindo a traxedia en directo varios días para facernos partícipes da dor, e así abrindo informativos día tras día?

-Non estaría a prensa (a de Valdeorras xa o fixo e fai) dando a traxedia en titulares preferentes mentres sigan ardendo casas?

-Non habería no ambiente unha grande onda de solidariedade recollendo material por todas partes para os/as afectados/as?

-Non estarían os supermercados recollendo donativos para os/as afectados/as e os bancos abrindo números de conta?

-Non estarían os/as artistas do país ofrecéndose para organizar concertos solidarios cos que arrecadar cartos para os/as afectados/as?

-Non estaría todo o mundo preocupadísimo e pedindo tomar medidas dunha vez para que esa traxedia “nunca máis” volvese pasar.

-Etc.

Son preguntas retóricas, claro.

Non, eu non souben estar á altura da situación tan dramática que viviron as aldeas de Valdeorras. Debera ir axudar cun caldeiro ou cunha xesta, debera ofrecerme para axudar no que puidese.

Non, non soubemos estar á altura.

Texto: Manuel Agra Villar.

Artigos relacionados

Back to top button