Galerías de fotosÚltima hora

Mascaradas, artesanía, turismo e moita música no XII FIMI, en Lisboa

A praça do Imperio, en Belém, convertíase en escenario deste festival do 4 ao 7 de maio

Ao longo de catro xornadas a zona lisboeta de Belém acollía, por vez primeira, o XII Festival Internacional Máscara Ibérica (FIMI), promovido por Progestur. O programa comezaba coa apertura da Mostra das Rexións na praça do Imperio, que contaba unha trintena de expositores de artesanía, gastronomía e turismo de diferentes rexións portuguesas, pero tamén españolas como as de Estremadura, Asturias e Castela e León.

Ademais do gran desfile do 6 de maio, algúns dos grupos de máscaras tamén animaban a mostra noutras xornadas. Era o caso do Folión de Viana do Bolo que percorría o recinto feiral no mediodía do 7 de maio. O programa do FIMI incluía asemade tertulias, concertos no “Palco Ibérico” que se completaban coa actuación de Sons do Douro (o 7 de maio ás cinco da tarde); a representación teatral do Auto da Floripes (Núcleo Promotor del Auto da Floripes 5 de agosto) na mañá do 7 de maio ou exposicións como “Maçcaras”, de acuarelas e máscaras, realizada por Manuel Ferreira e Carlos Ferreira, no Museo Nacional de Arqueoloxía.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R. (agás a última da galería).

Artigos relacionados

Back to top button