OurenseÚltima hora

Mascarillas hixiénicas inspiradas na nova campaña de “Vivamos como galegos”

Gadis regalará mañá 50.000 destas máscaras aos seus clientes ata fin de existencias

 

Supermercados Gadis regalará mañá, venres 13 de novembro, un total de 50.000 mascarillas hixiénicas non reutilizables aos seus clientes en todos os puntos de venda de Galicia, ata fin de existencias, cando fagan a compra.

“No ADN de Gadis está axudar e, para nós, é un compromiso coa sociedade poñer todos os grans de area que podamos para loitar contra a pandemia”, explican desde a Dirección de Marketing. Destacan, ademais, que coa entrega das 50.000 máscaras, a cadea de alimentación quere axudar aos seus clientes, lembrarlles que sigan as recomendacións sanitarias, e darlles ánimo, confianza e optimismo, “mensaxes que, sen dúbida, transmite o anuncio Non vas poder con nós”.

O berro de esperanza que lanza a nova campaña de Vivamos como Galegos vai máis aló co hastag #QCHDN (Que Che Dean), en clara alusión ao Covid-19. Unha expresión que se imprimiu nas mascarillas hixiénicas que se repartirán nos establecementos, idénticas ás que utilizan os protagonistas do anuncio. Para os que non as consigan nos supermercados, tamén se realizarán sorteos nas redes sociais.

Foto: Gadis

 

Artigos relacionados

Back to top button