CulturaCulturaÚltima hora

Maside crea unha nova ruta para conectar o Castro de Santa María coa Fervenza do Barbantiño

A actuación está cofinanciada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Carballiño – Ribeiro GDR12 que visitaba esta semana o lugar para o levantamento da acta de final de obra

 

O Camiño Natural do río Barbantiño discorre polos municipios de Punxín, Amoeiro e Maside. É  unha das rutas máis frecuentadas por sendeiristas que se achegan ao lugar para coñecer as súas fermosas fragas, muíños, bosques de ribeira e, especialmente, a Fervenza do Cachón, un dos puntos de baño máis concorridos en época estival.

A esta ampla oferta de elementos culturais e naturais vén de engadírselle agora un novo recurso de gran valor histórico como é o Castro de Santa Mariña. Este xacemento arqueolóxico está situado a só 15 minutos a pé dende a fervenza e ofrece unha das mellores panorámicas de todo o val do Barbantiño. A actuación está cofinanciada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Carballiño – Ribeiro GDR12 que visitaba esta semana o lugar para o levantamento da acta de final de obra.

“A posta en valor do Castro de Santa Mariña é unha prioridade para nós. Dende o Concello de Maside impulsamos diferentes campañas de investigación que están recuperando un dos enclaves máis enigmáticos de Galicia. E queremos facelo da man da propia veciñanza, ofertándolles un equipamento cultural e deportivo do que podan facer uso en calquera época do ano. Promovendo así un lecer saudable ao tempo que garantimos a conservación do monumento e o seu coñecemento entre os centos de sendeiristas que cada ano visitan a fervenza do Barbantiño ”, en palabras do alcalde de Maside, José Manuel Iglesias.

 

 

A ruta ten ata tres puntos de inicio diferentes, podendo empezarse dende os núcleos de A Casanova e San Fiz, ou dende a propia fervenza ao pé do Camiño Natural do Río Barbantiño. O conxunto do percorrido está perfectamente balizado e conta con diferentes paneis interpretativos para valorar os recursos culturais e naturais da zona.

Esta iniciativa do Concello de Maside súmase a outras xa consolidadas como a Ruta do Románico e a aposta decidida pola recuperación do espazo natural do “Puzo Lago”, xacemento aurífero romano. Calquera visitante pode informarse dende un panel instalado na praza de Maside e dende a web http://rutasdemaside.com/

Artigos relacionados

Back to top button