OurenseÚltima hora

Master class co fotógrafo Mario Rubio, no Liceo

O autor do libro “El fotógrafo en la noche” dará unha conferencia sobre a fotografía nocturna
Cartaz da master class sobre fotografía nocturna.
Cartaz da master class sobre fotografía nocturna.

O vindeiro sábado 19 de setembro ás 12h. o salón de actos do Liceo de Ourense acollerá unha master class co fotógrafo Mario Rubio, autor do libro “El fotógrafo en la noche”.

Aproveitando a súa presencia en Ourense no obradoiro de Fotografía Nocturna, organizado pola agrupación FotoSintese, o fotógrafo dará asemade unha coferencia sobre este tema.

Tal como adiantan dende a agrupación de fotógrafos de Ourense, Mario Rubio “é un coñecido e prestixioso especialista fotográfico nesta materia e polo tanto é unha gran oportunidade, para tódolos afeccionados ao mundo da imaxe, poder escoitalo e debater con el sobre o seu traballo e as súas experiencias”. A asistencia será libre.

Artigos relacionados

Back to top button