ConcellosÚltima hora

Masterclass de aeróbic, mercado artesán e inchables, na III Xornada Interxeracional en Viana

Terá lugar na tarde do vindeiro venres 21 de xuño e será promovida polo Centro Sociocomunitario vianés
Imaxe dunha edición anterior da xornada./ Foto cedida.

Impulsar a actividade física, como elemento clave na promoción da saúde, e as relacións entre as persoas de diferentes grupos de idade. Son os principais obxectivos da III Xornada Internacional en Viana do Bolo, que está prevista para o vindeiro venres 21 de xuño, promovida dende o Centro Sociocomunitario desta localidade en colaboración co Concello e coa Cruz Vermella Conso-Frieiras.

A actividade consistirá nunha masterclass de aeróbic, “onde poderán participar xentes de todas as idades, sen inscrición previa. A clase será impartida por Braian Macía Diéguez, da empresa de animación, deporte e tempo libre D´Lecer”, din dende a organización. E, “para facer máis atractiva a nosa xornada, este ano volve a contar con entretemento para os máis cativos co aluguer dun inchable a cargo do Concello de Viana”, engaden.

A novidade desta terceira edición será un mercado coa participación de case unha ducia de artesáns que traballan o coiro, a prata, metal, estaño, orfebrería, téxtil… E tampouco faltarán postos de doces típicos. Os artesáns interesados en participar poderán facelo poñéndose en contacto co Centro Sociocomunitario de Viana do Bolo.

O programa desta xornada comezará ás 19:30h. na praza Maior da vila coa apertura do mercado, unha hora despois será a masterclass de aeróbic e, ao mesmo tempo, de 19:30h. a 21:30h. os máis pequenos poderán divertirse no inchable. O peche da xornada está previsto para as 22h.

“Será unha actividade lúdica e participativa, de ocio saudable ao aire libre, totalmente gratuíta, aberta a todas as persoas que queiran participar”, din dende a organización.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close