CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Masterclass de hip-hop en Río impartida pola campiona de España junior

Terá lugar o 2 de agosto e virá da man de Noelia Quintela, cuxa familia é natural deste concello ourensá, coa colaboración da AC RíoMola
Noelia Quintela, actual campeona de España junior de hip-hop./ Foto cedida.

O vindeiro Xoves 2 de Agosto, as 17:00, no polideportivo de San Xoán de Río celebrarase unha MasterClass gratuita de Hip-Hop impartida por Noelia Quintela, actual campeona de España junior de Hip-Hop. Esta MasterClass será realizada en San Xoán de Río, concello da súa familia, na provincia de Ourese, coa colaboración da AC RíoMola.

Noelia Quintela é unha adolescente barcelonesa de 12 anos, bailarina de Hip-Hop, Jazz Funk, Contemporáneo e Ballet. Comezou a bailar ós 7 anos e gañou o seu primeiro título no ano 2016. Dende ese momento leva coleccionando títulos coma o de Campeona de España en grupo Hip-Hop junior con Titanes ou o de medalla de bronce no mundial IDF CHAMPIONSHIP en Croacia con Titanes. No 2017 participou no programa de televisión Got Talent de Telecinco. Actualmente é alumna da Escuela Sonia’s Dance Place, escola de Sonia Navarro, do programa televisivo “Fama a bailar”. Este vindeiro xoves, de maneira gratuita, todo o mundo terá a oportunidade de iniciarse no hip-hop, ou se xa ten coñecementos de melloralo.

Datos técnicos:
MasterClass Gratuita de Hip-Hop
Xoves 2 de Agosto as 17H no Polideportivo de San Xoán de Río (Ourense)
Impartida por Noelia Quintela:
Campeona de España en Grupo Hip-Hop Junior con Titanes
3ª Clasificada Mundial IDF CHAMPIONSHIP en Croacia con Titanes
Campeona de Cataluña en grupo Junior Jazz Funk con Flames.
Campeona de España IDF Spain urban Dance en duo Jazz Funk
Podedela seguir en instagram:
@noelia_dancer
@flamesdp_official
@titanes_official

Texto: Xosé Miguel Pérez Blecua.

Artigos relacionados

Back to top button