EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Masterclass de Viños da D.O. Ribeira Sacra en catro cidades estadounidenses

“Os asistentes impresionáronse da gran e variada gama de viños da D.O. Ribeira Sacra”, din dende o seu consello regulador, promotor desta actividade realizada en maio
Unha das masterclass realizadas nos Estados Unidos./ Foto: CRDO Ribeira Sacra.

Chicago (Ilinois), Os Ánxeles (California), Orlando (Florida) e Austin (Texas) son as catro cidades estadounidenses nas que a Denominación de Orixe Ribeira Sacra impartía en maio catro masterclass dos seus viños, organizadas por The Guild os Sommeliers.

Nestas actividades participaban máis de 130 representantes de hoteis, restaurantes, viñotecas, cadeas de distribución, xornalistas e escritores especializados. “Nas citas presenciais trasladábase aos participantes todo tipo de información sobre a D.O. Ribeira Sacra, historia, territorio e terreo, características climáticas, recursos, viticultura e regulación da denominación”, tal e como se informa dende o seu consello regulador.

No marco desta masterclass tamén se cataban oito viños de sete adegas da D.O. Ribeira Sacra. O responsable desta actividade foi David Yoshida MS, profesor nas clases sobre viño da Universidade de Yale, somelier do grupo AvroKO en Nova York e actual director de viño dun dos equipos da art up Pollux Wine.

“Os asistentes impresionáronse da gran e variada gama de viños da D.O. Ribeira Sacra. Valorouse o prezo, a calidade e a consistencia dos viños, apreciando a identidade rexional a través do sabor. Os participantes amosaron a súa intención de incluír os viños nas súas listas de viños de calidade. Moitos dos participantes afondaron nas calidades dos viños desta denominación e destacaron a súa diversidade dependendo da rexión, o que espertou un grande interese por coñecer de primeira man o territorio e a oferta enoturística dispoñible”, resaltan dende o consello regulador.

Viños catados nas masterclass

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close