ConcellosÚltima hora

Masterclass de zumba solidaria no Barco, o 1 de xuño

Imaxe da actividade zumba organizada no 2016 pola Cruz Vermella no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

A praza Andrés de Prada do Barco será escenario na tarde do 1 de xuño dunha Masterclass de Zumba Solidaria promovida pola Cruz Vermella Valdeorras. Esta actividade, impartida da man de Anabela e Valentina, comezará a partires das 20:30h.

As persoas interesadas poderán realizar a súa inscrición (cun custe de 5 euros, 1 boleto do Sorteo do Ouro) nas oficinas da Cruz Vermella, Prenda Moda Curvy, Centro Deportivo Valsport, Cafetería A Pontenova (Sobradelo), La Maltería, Churrería La General, Bar Chao, Brasería Vila do Castro, Ana de la Puente Perfumería e Estética, Claudio Casaio María e no propio recinto a partir das 19h.

Ademais realizarase o sorteo de regalos cortesía dos establecementos Hotel Restaurante A Calzada, Brasería Vila do Castro, Ana de la Puente Perfumería e Estética e Mónika Nails.

 

Artigos relacionados

Back to top button