OurenseÚltima hora

Masterclass do músico Daniel Minimalia, este venres no Espazo Lusquiños

A sesión, sobre emprendemento musical, será ás 20.00 horas e ten entrada de balde
Minimalia ofrecerá este venres unha charla sobre emprendemento na música.
Minimalia ofrecerá este venres unha charla sobre emprendemento na música.

A Sala Benito Losada do Espazo Lusquiños da Mocidade de Ourense acolle este venres ás 20.00 horas unha masterclass sobre emprendemento musical impartida polo guitarrista ourensán Daniel Minimalia. Baixo o título “Como desenvolver unha carreira profesional e non desistir no intento”, o artista tamén dará nocións sobre composición e guitarra e tocará algunha das súas pezas. A actividade é gratuita e non é necesaria a inscrición previa.

Minimalia vén de acadar recentemente importantes logros entre os que destaca o premio á mellor canción na categoría World Music nos Hollywood Music in Media Awards 2015, co seu tema “Olas del sur”.

Artigos relacionados

Back to top button