OurenseÚltima hora

Matarile Teatro recala en Ourense coa súa nova montaxe “Daimon y la jodida lógica”

A representación será mañá, sábado 15 de febreiro, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal

Unha escena de “Daimon y la jodida lógica”. /Foto: Edición Rusa.

 

Matarile Teatro leva tres décadas creando vangarda sobre as táboas. Pioneira dun teatro innovador en España, é un referente na escena contemporánea. Na súa creación, a compañía dirixida por Ana Vallés e Baltasar Patiño, combina distintos linguaxes e formatos en colaboración con artistas de distintas procedencias e traxectorias artísticas, buscando sempre a excelencia na calidade artística e técnica da súa posta en escena.

Uns valores que se reflicten novamente na súa última montaxe Daimon y la jodida lógica, coa que a compañía galega regresa a Ourense. Estreada en setembro en Vigo, esta obra supón “unha explosión de danza, teatro, palabra, xogo, filosofía, música en directo, investigación sobre o son, iluminación xeradora dun espazo elocuente… con nove intérpretes en escena, e cuxo título baséase nun concepto mitolóxico que pode significar -segundo o contexto- “o destino, a voz da conciencia, a intuición, anxo ou demo, o murmurio da voz interior que detén ou empurra…”, tal como explican dende a propia compañía.

A cita será mañá, sábado 15 de febreiro, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Ourense. E despois seguirá a xira galega de inverno con parada en Santiago de Compostela o 14 de marzo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button