EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

MaterChef Celebrity, na Ribeira Sacra

O programa rodado o pasado mes de xullo nesta zona vitivinícola, emitirase o vindeiro martes

O equipo do programa de TVE1 “MasterChef Celebrity” tense desprazado á Ribeira Sacra este verán, en concreto a unha adega de Doade (Sober), para gravar un dos seus programas, de próxima emisión. Nel cociñarán un menú composto por empanada de zamburiñas, trucha con grelos, xarrete de tenreira galega ao viño Mencía e bica con salsa de cereixas.

Neste programa o actor galego Francis Lorenzo aceptará o convite do xurado e cociñará nun dos equipos como un aspirante máis. O mellor nesta proba decidirá qué cocinan os seus compañeiros na proba de eliminación.

A rodaxe, que tiña lugar a mediados de xullo, incluía un xantar para 60 persoas, entre os comensais estaban diversos municipais, do mundo do viño e doutras institucións. o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e a Axencia Turismo de Galicia foron os promotores principais desta iniciativa, que contou tamén coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e da Ruta do Viño da D.O. Ribeira Sacra, ademáis de empresas do sector.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close