CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Maxia e moito humor co ilusionista Pedro Bugarín na Biblioteca do Barco

 

Entre aplausos recibían os rapaces de Asfaval ao Mago Pedro Bugarín na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco na mañá deste 11 de outubro. O ilusionista presentaba o seu  “4.0 Maxia para todos”, un espectáculo dirixido a colectivos con necesidades especiais.

O Mago implicaba dende o principio ao público nos seus trucos, nos que botaba man de diversos materiais: dende froita, panos e bolsas ata cordas. Moita maxia e sorpresas, sempre en clave de humor.

Esta actividade estaba incluída dentro do programa de dinamización “Ler Conta Moito”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button