En portadaÚltima hora

A maxia encherá os escaparates do Barco CCA en xullo

Vinte establecementos participarán nesta orixinal campaña que se desenvolverá do 19 ao 21 de xullo na vila
A presidenta e a vicepresidenta do Barco CCA, nun dos momentos da rolda da prensa./ Foto: Mónica G. Bellver.
A presidenta e a vicepresidenta do Barco CCA, nun dos momentos da rolda da prensa./ Foto: Mónica G. Bellver.

Máis interactividade co público, moitos trucos e sorpresas. Así se presenta a renovada campaña dos “Escaparates máxicos” (ata o ano pasado “Teatro nos escaparates”), que promoverá en xullo O Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Presentábana na mañá do 13 de xullo a presidenta e a vicepresidenta desta entidade, Sandra Moldes e Ángeles Rodríguez, respectivamente.

Desenvolverase do 19 ao 21 de xullo nun total de vinte establecementos asociados ao CCA da man do mago Txema Gicó (José María de la Torre). “Nesta campaña volvemos a usar os escaparates como elemento principal, tendo en conta a boa acollida das anteriores edicións do “Teatro nos Escaparates”, pero nesta ocasión usaranse trucos de maxia para lograr unha maior interactividade coa xente da rúa, facendo pasar, por exemplo, produtos do comercio dun lado ao outro do cristal”, destacaba Sandra Moldes.

Rifas para os sorteos que farán durante os espectáculos de "Escaparates máxicos"./ Foto: Mónica G. Bellver.
Rifas para os sorteos que farán durante os espectáculos de “Escaparates máxicos”./ Foto: Mónica G. Bellver.

Ao seu carón, a vicepresidenta do CCA explicaba a traxectoria do ilusionista que protagonizará a campaña, enxeñeiro en electrónica industrial e mago, que dende hai sete anos centra a súa actividade nesta última profesión. Co seu espectáculo, que se adaptará aos produtos de cada local, percorrerá ata vinte comercios da vila:

– O día 19 de xullo: Ana Óptica (ás 11h.), Can-Can (11:30h.), Miranda M (12h.) e Multiópticas (12.30h.). Xa pola tarde, Librería Murciego (18h.), Ganu (18:30h.), Ferretería Moncho (19h.) e Pastelería Pili (19:30h.).
– O día 20 de xullo: Varadero (11h.), Tintorería Servimat (11:30h.), Ton y Son (12h.), Ana de la Puente Perfumería (12:30h.); e de tarde, Boutique Hogar Marina (18h.), D’Chus (18:30h.), Comercial Vedo (19h.) e Miranda X (19:30h.).
– O día 21 de xullo: Boutique Suá (11h.), Garoba (11:30h.), Agricentro (12h.) e Laurarte (12:30h.)

As representantes do CCA Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.
As representantes do CCA Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

Nas actuacións haberá sorteos en directo e premios para os espectadores. Ademais esta campaña terá como broche unha gala que se celebrará o mesmo día 21 a partires das 20:30h. na praza do Concello do Barco. No seu decurso farase un novo sorteo dun vale de compra, tal e como se avanza dende O Barco CCA. Con esta nova iniciativa apóstase asemade por dinamizar o comercio da vila e animar as rúas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close