En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A maxia toma os escaparates do Barco CCA

Vinte establecementos da vila participan nesta orixinal campaña que se desenvolve do 19 ao 21 de xullo

De maneira moi dinámica, interactiva e divertida encetábase na mañá do 19 de xullo a campaña “Escaparates Máxicos” que promove O Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Txema Gicó Mago percorría dende as 11h. os catro primeiros establecementos desta campaña: Ana Óptica, Can-Can, Miranda M e Multiópticas.

En cada un deles despregaba unha serie de trucos de maxia e de habilidade nos que, en colaboración co público adulto e infantil, botaba man de cartas ou moedas, pero tamén de produtos á venda en cada un dos establecementos ou relacionados con eles como lentillas, un bolso, pequenos cacodrilos de escuma ou unha gafas.

Nos comercios había asemade sorteos de agasallos ao remate do espectáculo. A campaña, na que participaban un total de 20 comercios barquenses, continuará ata o 21 de xullo. Así para a tarde do día 19 este mago estará en: Librería Murciego (18h.), Ganu (18:30h.), Ferretería Moncho (19h.) e Pastelería Pili (19:30h.).

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close