En portadaÚltima hora

A maxia do vianés Mago Teto chega ao Nadal do Barco

Ademais o venres a vila recibirá a visita do Apalpador, que se reunirá cos máis pequenos na biblioteca
O Mago Teto, durante unha actuación./ Foto: Mónica G. Bellver.

Sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo barquense poderá verse este xoves 28 de decembro ás 19h. “Íntimo, a viaxe da miña vida”, un espectáculo do vianés Mago Teto. Nel plantexa un percorrido “seguramente iniciático, na procura da esencia da maxia”, que o levou por diferentes países do mundo, polas paisaxes das artes e mesmo das ciencias. A cuestión é ¿atopará o Mago Teto a esencia da maxia? A resposta, esta tarde no auditorio barquense.

O toque máxico non faltará tampouco noutra visita moi especial que terá lugar o 29 de decembro ás 19h. O Apalpador, un personaxe mítico do Nadal galego deixará as montañas para achegarse ata a Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco e reunirse cos rapaces. Ademais, despois deste encontro, os cativos poderán asistir a unha actuación de contacontos e música. Así Fran Campos achegarase ata alí con “Filipa cos contos” para despregar un abano de historias.

Artigos relacionados

Back to top button