ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Maxia, xogos e inchábeis para os máis pequenos nas Festas do Cristo no Barco

Trucos de ilusionismo e enxeño, pero tamén moito humor e interacción con nenos e maiores. A partires das sete da tarde do 14 de setembro o Mago Lolo poñía en marcha na praza do Sagrado do Barco un singular espectáculo de maxia que atrapaba a persoas de todas as idades.

Non era esta a única proposta pensada para os máis pequenos dentro do programa das Festas do Cristo 2018. Tamén pola tarde na praia fluvial do Malecón instalábase un parque de xogos infantís no que non faltaba un espectacular tobogán inchable que facía as delicias dos cativos. Nel tampouco faltaba un tren. O parque reabrirase este sábado 15 de setembro a partires das 12h.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button