CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Maximino Fernández amosa en Verín a asombrosa vida de Alfonso Graña

Esta conferencia está incluída no ciclo promovido pola Biblioteca de Verín sobre a figura deste emigrante e explorador ourensán

 

De ser un emigrante saído dun pobo ourensán a converterse no rei das tribus jíbaras. A de Alfonso Graña é unha auténtica vida de aventura, cunha serie de situacións que o conduciron á selva e a ser proclamado “Rei dos Jíbaros”, co nome de “Alfonso I da Amazonía”, polas tribos Jíbaras, Aguaruna e Huambisa nos ríos Nieva e Santiago do Alto Marañón, e cun territorio superior a metade da Península Ibérica.

Na súa figura afondaba na tarde do 30 de marzo o investigador Maximino Fernández, que ten publicado un libro sobre Alfonso Graña, nunha conferencia organizada pola Biblioteca Municipal de Verín. Numerosas persoas seguían a conferencia, na que mesmo se amosaba unha cabeza reducida.  Esta actividade formaba parte do ciclo que a Biblioteca de Verín vén de organizar sobre este ourensán e que incluía tamén unha exposición fotografía e a proxección dun documental.

 

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button