EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Máximo histórico na vendima 2019 da D.O. Monterrei

Na campaña que vén de finalizar recollíanse 5.633.717,3 quilos

Labores de vendima na D.O. Monterrei./ Foto: CRDO Monterrei.

 

A Denominación de Orixe Monterrei vén de concluír a vendima 2019 logrando de novo unha colleita histórica, con 5.633.717,3 quilogramos de uva recollidos, tal e como se destaca dende o seu consello regulador. Así a campaña concluía cuns “fantásticos resultados a nivel cuantitativo e cualitativo”, indica a presidenta desta D.O., Lara Da Silva, “xa que volveuse a lograr un máximo histórico, superando en 41.893,8 quilogramos á campaña 2018, ata agora a máis exitosa”.

En total recollíanse 3.558.320,1 quilos de uva blranca, mentres que de uva tinta foron 2.075.397,2 quilo. “O estado fitosanitario da uva foi excelente, así como as condicións climáticas durante a campaña, lo que permitiu que se recolleran as uvas de modo gradual, sendo deste xeito unha de las campañas máis longas da historia”, destaca a presidenta do consello regulador.

A campaña de vendima abríase o 07 de setembro, coa adega de Francisco Pérez Diéguez (Couto Mixto), e remataba o 18 de outubro, siendo a adega Crego e Monaguillo S.L., a derradeira en pechar o período de recollida de uva.

Artigos relacionados

Back to top button