CulturaCulturaÚltima hora

MDM Producciones presentará en Verín a súa obra “La enferma por amor”

A representación terá lugar o 2 de febreiro ás 20 horas no Auditorio Municipal

A moza Lucrezia, filla do comerciante Pantalone, está namorada do doutor Onesti, por iso fínxese enferma para ver todos os días ao seu amado. O doutor Onesti, intúe que a enfermidade da nova é soamente imaxinaria… Á súa vez, apoiados nisto polo moi oportunista boticario Agapito, ao redor de Lucrezia, e chamados polo seu pai, que se atopa desesperado ante a enfermidade da súa filla, atópanse numerosos médicos que, coa súa ignorancia, poderían chegar a prexudicar realmente a saúde de Lucrezia…

É o argumento de La enferma por amor, a nova creación da compañía MDM Producciones que, na procura de achegar o teatro a todos os públicos, recalará no Auditorio Municipal de Verín o 2 de febreiro ás 20h. A obra está inspirada na comedia homónima de Carlo Goldoni e as entradas, que xa están a venda en www.ataquilla.com, terán un prezo de 5 euros.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close